Allos e Chalotas, están moi bonitas. A ver se non lles fai mal a auga e frío destos días

por MRPS

e unhas patacas de cedo que veulle moi bo tempo e están moi bonitas

Follow

os chícharos naceron moi ben tamén, xa logo hai que cubrilos coa rede (para os paxaros)

as fotos non so miñas (por se había dúbidas, eu estou preso), pero miro para elas e ata podo ulir a herba e a terra 😔

esta chegou do val do Jerte hai uns anos. As outras máis grandes (aínda que novas) son de outro tipo e florecen 8/15 días máis tarde.

aproveitando estos días para limparlle o líquen que foron criando as maceiras máis vellas e a figueira.

o liquen que vai medrando na codia da árbore toma o seu alimento, en parte, da propia árbore ademáis de ser refuxio para outras especies que poden danala.

Sign in to participate in the conversation
Tootsite

Just a general instance with a catchy name.